
Chega un completo mes de abril para Terras Altas de Trevinca. Coa colaboración dos concellos de A Veiga e Porto (Zamora), organizan distintas rutas de montaña tanto para Semana Santa como para as fines de semana de todo mes.
Para Semana Santa, hai programadas catros rutas diurnas. Estas serán o xoves 6 de abril cunha dificultade media (Camiño da chaira larga, de 15 km), o venres 7 de abril cunha dificultade media (Sendeiros tradicionais, de 13km), o sábado 8 de abril cunha dificultade alta (Pena Trevinca – Cima da Galiza, de 24km), e o domingo 9 de abril cunha dificultade baixa-media (Os susurros da auga, de 10km)
E xa retomando a normalidade na programación, a seguinte actividade será a ruta diurna de natureza “Sendeiros do Xares”, o domingo 16 de abril. Terá unha lonxitude de 10km e polo tanto, unha dificultade baixa.
Para rematar o calendario do mes de abril, o 22 de abril terá lugar a ruta “O que o bosque nos conta”. A dificultade será media, cunha lonxitude de 17km.
Así mesmo, para as persoas que desexen solicitar información ou reservar, terá que acceder á páxina web www.terrasaltasdetrevinca.es ou chamar ao teléfono 722 336 822.