
Terras Altas de Trevinca organiza durante este mes de febreiro actividades de sendeirismo invernal con raquetas de neve. Terán lugar tanto os sábados como os domingos, e terán unha extensión de 21 quilómetros.
Porén segundo apunta o seu guía, Juanjo Lorenzo, é unha actividade de iniciación, “o 90% da xente que vén nunca colleu as raquetas, damos unhas charlas, explicamos como é o seu funcionamento, como progresar... O que non vai permitir é avanzar cando temos acumulacións de neve”.
Nestes momentos, as condicións meteorolóxicas son óptimas, xa que, segundo Juanjo Lorenzo, “segue a haber neve na parte alta, unha neve fantástica, bastante acumulado”. Neve moi esperada por moitos apaixonados, “fai unhas semanas caeron unha desas grandes nevaradas que se viñan demandando, non soamente por nos, senón que por moita xente para a propia natureza”.
O día 25 de febreiro tamén se poderá desfrutar dunha ruta diúrna de 15 quilómetros denominada “O Glaciarismo”. Así, para apuntarse a estas actividades só hai que entrar na webwww.terrasaltasdetrevinca.es/ ou chamar ao número de teléfono 722 336 822. “Mentres haxa neve en Trevinca seguiremos coas actividades”, asegura Lorenzo.