O Concello da Veiga gaña o premio «Galicia Parabéns 2019»

O proxecto «Embelecemento do núcleo de Alta Montaña da Veiga» foi premiado con 4000.000 euros no concurso Galicia Parabéns 2019 de Turismo de Galicia

O Concello de A Veiga resultou premiado na 1º categoría do concurso, Galicia Parabéns, polo proxecto «Integración do encoro de Prada no núcleo rural de A Veiga». O premio conquerido está dotado cunha contía de 400.000,00€ a executar en dúas anualidades —unha en 2019 ea outra no 2020—.

Esta actuación ten por obxeto, por un lado, o recoñemento dunha traxectoria social. E, por outro, o arranxo e adecuación de núcleos urbanos degradados. A filosofía, segundo o Concello é, o embelecemento do pobo e a posta en valor da traxectoria dos últimos anos.



A categoría acadada está destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións realizadas nos últimos anos para conseguir unha mellora da paisaxe, unha integración adecuada na mesma de elementos antrópicos ou da propia mellora estética dos núcleos poblacionais, como é o caso da Veiga.

O ámbito de actuación está centrado na rehabilitación da Praza do Toural e mellora dos accesos, e adecuación do entorno das Casas Escola de Nenos e Nenas, e mellora do entorno da Igrexa Sta. María da Veiga e rúas lindantes.



«Entendo que é unha gran nova para A Veiga premiando un proxecto o que aspiraban todos os concellos de Galicia. É un premio para um proxecto que pretende seguir transformando o noso pobo e do cal todos os veciños son parte e se deben sentir orgullosos», asegurou Juan Anta, alcalde da Veiga.

A actuación será executada durante as anualidades 2019 e 2020 e o Concello non terá a obriga de facer ningunha aportación. «Estamos moi orgullosos de que o traballo en equipo dé este bo resultado e por eso nos sentimos especialmente contentos, porque se está premiando o esforzo de todos os traballadores e colaboradores. A Veiga dos próximos anos será un pobo digno de visita», recalcou o alcalde.