
«Eles son os verdadeiros protagonistas que fan todas estas cousas que veredes en vídeos e en fotos estes días», comeza dicindo Juan Anta, alcalde de A Veiga. O Nadal Enxebre, algo xa característico desta zona de montaña, unha fermosura feita, a man, polos veciños da zona.
Durante varios meses, palifícase, recolectase e fanse todas as pezas que están a ser expostas polas rúas de A Veiga. Un municipio, a día de hoxe, vestido de gala para o Nadal.
Esta é unha maneira de facer esta festividade de maneira diferente e reivindicativa, na que o importante é gozar e coñecer cada un dos recunchos cheos de espírito do Nadal.
«Fan un pobo precioso, como é A Veiga, en algo máxico», di Anta. Ao que engade: «Son os veciños os que teñen, absolutamente, todo o mérito en todo o que en estes días se pode ver. Convido a todas as persoas a que veñan a ver este Nadal de familia, que a xente poda gozar e sorrir nestas festas tan especiais».
O importante desta iniciativa, a parte de que a xente goce véndoo e facéndoo, é que non se maltrata o medioambiente e recíclase todo aquilo que se utiliza.