domingo. 08.06.2025

I Mesa da Madeira da Veiga: sustentabilidade e vantaxes como material natural, renovable e versatil

A Xunta compromete máis de 12 millóns de euros para impulsar o sector madeireiro na construción, nos vindeiros dous anos
somoscomarca_202412_aveiga_mesadamadeira_biblioteca (4)

A madeira está a consolidarse como un material esencial na construción, e o Goberno galego quere impulsar o seu uso en edificacións públicas e privadas, como queda patente na I Mesa da Madeira que se desenrolou na Veiga. A Xunta, destinará 12,8 millóns de euros en axudas ata 2025, segundo explicou Jacobo Aboal, director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), durante a súa intervención baixo o nome: A construción en madeira para a edificación sustentable do futuro.

Compromiso coa madeira na construción

No encontro celebrado na Biblioteca do Concello da Veiga (Ourense), Aboal, acompañado por Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta en Ourense, destacou o compromiso do Goberno galego cun sector estratéxico como o madeireiro-forestal. Profesionais do sector reuníronse nesta xornada para analizar o papel da madeira no desenvolvemento tanto rural como urbano.

O director da XERA subliñou que a Xunta aspira a que o 20 % das edificacións públicas galegas incorporen progresivamente a madeira nas súas estruturas. Para lograr este obxectivo, a Xunta asinou acordos de colaboración entre entidades públicas, como o establecido entre a XERA e o Sergas ou a Axencia Galega de Infraestruturas, co fin de fomentar o uso deste material nos proxectos que se promovan ou executen.

somoscomarca_202412_aveiga_mesadamadeira_biblioteca (2)
Juan Anta y Manuel Pardo na I Mesa da Madeira, na Veiga

 

Axudas para o sector privado

No ámbito privado, a Consellería de Economía e Industria publicou varias liñas de axuda que suman máis de 12 millóns de euros. Entre estas destacan:

  • 3 millóns de euros para proxectos que empreguen madeira como elemento estrutural.
  • 5 millóns de euros para investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais.
  • 4 millóns de euros para apoiar pemes dedicadas á primeira e segunda transformación da madeira, así como ao sector do contract, promovendo toda a cadea monte-industria.
  • 800.000 euros para actividades formativas non regradas que melloren o coñecemento e competitividade da industria forestal-madeira en Galicia.
somoscomarca_202412_aveiga_mesadamadeira_biblioteca (3)

Aposta por unha construción sustentable

Este plan reflicte a aposta da Xunta por promover a sustentabilidade na construción, aproveitando as vantaxes da madeira como un material natural, renovable e versátil. A intención é potenciar o desenvolvemento dunha industria clave para a economía galega, reforzando a súa competitividade tanto no ámbito local como no global.

somoscomarca_202412_aveiga_mesadamadeira

Fotos cedidas

I Mesa da Madeira da Veiga: sustentabilidade e vantaxes como material natural,...