miércoles. 28.05.2025

O son dun carro anuncia a festa na honra a Santa María en Meda (A Veiga)

Concurso de tortillas, Campionato de bolos, xincana, música, procesión e moito máis nesta festividade que chega ao pobo veigués os vindeiros 25 e 26 de agosto
festasmeda
Festas en Meda (A Veiga) no ano 2023.

Meda (A Veiga) está xa preparado para desfrutar das súas festas na honra a Santa María, que se van celebrar os vindeiros 25 e 26 de agosto. O programa arrincará co I Concurso de Tortilla «porque queríamos facer algo diferente, e aí pensamos nesta idea para comezar da mellor maneira, en clave gastronómica», explica Antonio Fernández, da Comisión de Festas. 

Comezará ás 21:00 horas e os participantes «deberán levar unha tortilla mediana, que probará un xurado e logo poderán facelo todos os asistentes». Haberá tres premios —o primeiro unha cesta de produtos de Ana de la Puente e de produtos de Trevinca valorada en 200 euros; o segundo unha cesta de produtos de Trevinca cun valor de 100 euros; e o terceiro cun valor de 50—. 

Para poder participar cómpre inscribirse nas redes sociais da Comisión, no teléfono 619 39 07 54 ou na escola de Meda polas tardes, a partir do luns día 19. Xa despois deste concurso chegará a cea popular coa animación da Discomóbil Danzalia

carro meda

Noite do carro

A partir das 00:00 horas da noite dese domingo —xa luns día 26, para ser exactos— os veciños levarán a cabo unha tradición orixinal e propia: a noite do carro, que dá o pistoletazo de saída ás festas. 

«Leva facéndose moitos anos. O que facemos é sacar un carro de vacas tradicional e logo unha especie de percorrido polas casas para anunciar o día grande na honra a Santa María», afonda, emocionado, Fernández. «É unha ledicia para todos poder participar». 

Día grande: 26 de agosto

O luns día 26 arrincará ás 11:00 horas con pasarrúas a cargo da charanga Los Imparables, que repetirán sesión á hora do vermú e despois da misa solemne e da procesión —que partirá ás 13:00 horas—. «Nós sempre tentamos apoiar aos artistas da comarca, e quen mellor que Los Imparables».

Pola tarde será a quenda do deporte de dos xogos, co Campionato de Bolos e a segunda edición da xincana infantil. «Nos pobos da Veiga non poden faltar os bolos e tampouco eses cogos que funcionan tan ben cos máis pequenos. O importante é desfrutar e pasalo ben», anima o membro da Comisión. 

Para completar o día haberá baile a cargo do grupo Lume a partir das 21:00 horas e, a partir da 1:00 da madrugada, verbena coa mesma agrupación, coa Discomóbil Opium e con Dj Isra

A entrevista completa con Antonio Fernández está dispoñible neste enlace de audio:

O son dun carro anuncia a festa na honra a Santa María en Meda (A Veiga)