Continúa a programación "Un verán de altura" na Veiga

Observatorio astronómico da Veiga.
A presentación dun libro, unha exposición de arte, astronomía e unha andaina solidaria son as propostas para esta terceira fin de semana de agosto

Dentro da programación “Un Verán de Altura” do Concello da Veiga, continúan as actividades nesta fin de semana. A primeira delas será mañá venres día 16 de agosto coa presentación do libro “Pel de crocodilo” da veiguesa Rosana Murias na Sala de Conferencias O Toural.

A mesma sala acollerá a exposición “As terras de Trevinca nos lenzos de Paco Ascón” de luns a sábado en horario de 11:00 a 13.:00 horas e, polas tardes, de 19:00 a 20:00 horas.

En canto a aposta do Concello polo astroturismo, o sábado 17 de agosto terá lugar a Experiencia Fotográfica “Lúa de Esturión”, guiada polo astrónomo Óscar Blanco. A inscrición será na oficina de turismo até mañá venres ás 20:00 horas ou a través do enderezo electrónico turismo@aveiga.gal.

Xa o domingo 18 de agosto ás 9:30 horas arrincará unha Andaina solidaria contra o cancro. É unha ruta circular de 6 kilómetros que sairá e finalizará na Praza do Concello. Contará cun detalle para todos os participantes e un avituallamento no percorrido.

É posible inscribirse para participar ata as 12:00 horas de mañá venres, día 16 de agosto, a través do enderezo electrónico concello@aveiga.gal ou o mesmo día ata media hora antes da saída. A cota de inscrición para maiores de 16 anos é de 10 euros e para menores de 16 anos 5 euros.