viernes. 29.03.2024

«Onde antes non se producía mel, este ano se etiquetaron entre 4.000 e 5.000 kilos». Así de taxante se mostra o alcalde da Veiga, Juan Anta, cando alude ao proxecto apícola posto en marcha polo Concello como «modélico no sentido de que xenera riqueza que se queda no territorio». Tanta riqueza coma os máis de 40.000 euros que producen coa venta do producto os 18 apicultores que exercen actualmente «que se formaron gracias á colaboración entre os veciños e o Concello, que puxo unha persona para formalos», conta.

Explica o alcalde que o proxecto apícola é «un proxecto arriesgado pola inversión de 160.000 euros que se fixo, unha aposta que saiu ben», explica o rexidor. Trala creación da marca rexistrada de mel «Montañas de Trevinca» por parte do Concello, que subvenciona o embasado e etiquetado de mel que producen os apicultores, a primeira consecuencia foi «que o que se vendía a granel a 3'50 euros, hoxe véndese etiquetado a 8 ou 10 euros, e se agota tan pronto se vai envasando». Da nada, «creamos unha industria de case 200.000 euros onde os que se adican a ela teñen toda a maquinaria a súa disposición para desenrolar o negocio».

A Veiga produce xa máis de 4.000 kilos de mel ao ano