A Carreira Popular dos Santiños cumpriu o seu obxectivo solidario de achegar xoguetes aos nenos máis desfavorecidos. Por elo solicitábase a todos os participantes que cando recolleran o dorsal entregaran un xoguete para que os nenos e nenas con poucos recursos poidan recibir un agasallo nas vindeiras. A Cruz Vermella foi a receptora e repartiraos no Nadal. Así o explicaba Mariví Nuñez ao remate da xornada deportiva:
O Club Adas Cupa, en colaboración co Concello do Barco e a Delegación da Federación Galega de Atletismo en Valdeorras organizou unha vez máis esta carreira popular, aberta para atletas federados e non federados.

A carreira que chegou este ano a súa décimo cuarta edición. Contou nas pistas de Calabagueiros con 162 inscritos e a participación de 128 pequenos. 74 en sub 8 e sub 10; e 42 en sub 12, sub 14 e sub 16.

A proba absoluta ganouna Alejandro Cadaya Rodríguez que chegou por diante de David Paz Salgado e Víctor García Gómez. Conchy Prada Hernández, María Dolores Gallego Casas e Silvia Carballo Rodríguez subiron ao podio feminino.

Dentro da categoría Máster, no A os tres deportistas que subiron ao podio foron: Andrés Sueiro Méndez, Pablo Prada Hernández e Jesús Rodríguez León. No B, Juan Carlos Rodríguez Porres, Fernando Palla Gómez e Pacho García Pérez. No C, Miguel Ángel Fernández Novoa, Ricardo García Sancedo e Antonio Fuertes Saavedra. No D, Manuel Bao Pérez t Francisco Bao Estévez. No E, Manuel García Alfonso que está a piques de deixar o atletismo federado tal coma anunciou o presidente do clube ao chamalo ao podio.

Na categoía Sub-23 sénior o podio era para Guillelme Denís Castillo Carballa, seguido de Alejandro Pampín e Christian Arias Pérez. Na Sub-16 masculina subía a o podio Víctor Delgado Conde, Mauro Alexandre García e Lucas Valcarce Fernández. Na feminina era Xiana Punxín e Mailén Aller quen subían o primeiro e segundo andar respectivamente.

Esta proba que está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e que estivo controlada polo Comité de Xuíces da Federación. O circuíto, de 5 quilómetros, está homologado e percorre as vías urbáns da vila ademais do recinto Municipal de Calabagueiros, eixo neurálxico da proba desde onde se localizou a saída e a chegada dos participantes.


A chuvia e o orballo fixeron acto de presenza na primeira proba, na popular, pero cando chegou a quenda dos rapaces o sol resplandeceu en todo o alto.

Así valoraba Tinín González, presidente do Club Adas Cupa a xornada, unha vez rematadas as distintas competición: