lunes. 23.06.2025

As Xornadas de Folclore empatan as Festas de Verán coa Bacofesta na Rúa

Celebráronse na área recreativa do Aguillón e participaron grupos de música e danza de Tahití, Bolivia e Ucraína

A área recreativa do Aguillón acolleu as trixésimo oitava edición das Xornadas de Folclore que trouxeron á Rúa a música, o baile e as tradicións, co folclore de países tan alonxados entre si como Bolivia, Tahití ou Ucraína.

Ao comezo gardouse un minuto de silencio polo director do grupo Amezabra de Sudáfrica que faleceu o 7 de agosto tras a actuación na cerimonia inaugural das XXXVIII Xornadas de Folclore no Teatro Principal de Ourense.

somoscomarca_arua_xornadasdefolclore_tahiti_ucrania_bolivia_2023 (6)
O grupo Hei Shou Tahití “Ori” na actuación da Rúa

O público da Rúa entregouse un ano máis ao folclore internacional e ovacionou con entusiasmo estes grupos que amosaron as súas raíces nesta primeira cita das Xornadas coa provincia ourensá, a través do traballo de Bafopaz (Bolivia), Hei Shou Tahití “Ori” e Poltava (Ucraína).

somoscomarca_arua_xornadasdefolclore_tahiti_ucrania_bolivia_2023 (11)
 Bafopaz  de Bolivia

Este último grupo, Poltava, resultou especialmente aplaudido por haber entre o público  refuxiados do pais balcánico que non quixeron perder esta conexión a través da música coa súa terra.

somoscomarca_arua_xornadasdefolclore_tahiti_ucrania_bolivia_2023 (28)
Grupo Poltava de Ucraína

As Xornadas de Folclore de Ourense están organizadas  pola Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e amosarán ata o próximo 16 de agosto as danzas e música tradicionais dos seus territorios en 16 vilas ourensás en horarios de 20.30, 22.30 e 23.00 horas.

somoscomarca_arua_xornadasdefolclore_tahiti_ucrania_bolivia_2023 (30)

Bafopaz, danzas andinas no corazón de Valdeorras

O Ballet Folclórico da Paz, Bafopaz, foi creado no ano 2006 e conta no seu haber con destacados premios como o «Eduardo Abaroa», concedido polo Ministerio de Cultura de Bolivia, ou a «Medalla ao Mérito Cultural», da Asemblea Lexislativa Plurinacional.

somoscomarca_arua_xornadasdefolclore_tahiti_ucrania_bolivia_2023 (14)

Entre as danzas que amosaron atópase a de «Los Suri Sikuris», que ten a súa orixe nas comunidades andinas dos Mollos, Aymaras e Lipis, no departamento de La Paz e interpretábase nas provincias Camacho, Ingavi y Pacajes por mor dun matrimonio ou a construcción dunha casa.

somoscomarca_arua_xornadasdefolclore_tahiti_ucrania_bolivia_2023 (18)

Un dos obxectivos da agrupación boliviana foi amosar un amplo percorrido polas tradicións e culturas das distintas zonas do país, como sucede coa “«Morenada», unha das danzas representativas da cultura occidental de Bolivia e que suscita sempre un debate entre os que defenden a orixe netamente aymara da danza e os estudiosos que atopan probas coloniais e republicanas da notable influencia da cultura dos escravos africanos das minas de ouro e Potosí.

somoscomarca_arua_xornadasdefolclore_tahiti_ucrania_bolivia_2023 (12)

O Barco ten esta tarde unha cita ca multiculturalidade

O Parque do Malecón de O Barco  será hoxe o escenario do segundo día das Xornadas, que retoman a súa normalidade despois do falecemento do director da agrupación sudafricana, George Oflilant, a quen se lle adicará un minuto de silencio.O espectáculo comezará as 20.30 horas, deste mércores 9 de agosto, e as agrupacións participantes serán as de Ecuador, Sudáfrica e Arxentina. 

somoscomarca_arua_xornadasdefolclore_tahiti_ucrania_bolivia_2023 (34)

As Xornadas de Folclore empatan as Festas de Verán coa Bacofesta na Rúa