jueves. 30.11.2023

Case que 70 persoas xuntáronse un luns máis ás portas do centro de saúde para reclamar unha sanidade digna

Desde o pasado luns 4 de febreiro que se producía a primeira concentración ás portas de numerosos centros de saúde de Valdeorras até o día de hoxe; os veciños, persoal sanitario e membros da corporación municipal, acoden cada luns ás 12:00 horas a concentrarse en defensa da Atención Primaria no centro da Rúa.



O obxectivo principal destas concentracións é recuperar unha atención primaria digna. Pablo Deramond, médico do Centro de Saúde A Rúa, pediu na xornada de hoxe que se anime a amigos e coñecidos a participar nestas concentracións para cada día ser máis e ter máis forza. Recalcou que se está nun momento moi importante e que estas concentración son «a única forma de que alguén os vexa». Destacou que a aparición na prensa destas mobilización estanse a ver en Santiago e canto máis numerosas sexan terán máis efectividade.

Todos os luns ás 12:00 horas convócase a concentración diante do Centro de Saúde A Rúa

Da vintena de persoas que se concentraba a primeira vez o pasado 4 de febreiro até hoxe foise incrementado o número de xente que apoia a causa, chegando algún luns ao cento de persoas. Na realizada hoxe pasaron dos 60.



Recordou que non se cobren as baixas de persoal e que iso redunda nos pacientes. «Eso lo estáis viendo todos los días. Seguramente muchos de vosotros lo estáis sufriendo en estos momentos la lista de espera para llegar a una consulta de un traumatólogo o de un dermatólogo del hospital o lo que sea. Nos las vemos y nos las deseamos con cosas que son bastante urgentes y desde aquí no podemos hacer nada. El problema sanitario es en Atención Primaria y es en hospital», asegurou o médico de familia.  

Se queres escoitar a declaración completa na voz de Pablo Deramond fai clic na seguinte ligazón:

Seguen as concentracións no centro de saúde da Rúa en defensa da Atención Primaria