sábado. 20.04.2024
somoscomarca_arua_sededeputacion_diputacion_2022 (1)
A sede da Deputación en Valdeorras consolidase ca compra do edificio que a albergará

Pechada a compra do edificio que acollerá esta delegación en A Rúa, Manuel Baltar reuniuse no Pazo Provincial co alcalde, Álvaro Fernández, para estudar os planos do proxecto previo dunhas oficinas que permitirán «gañar todavía máis proximidade cos veciños e reforzar a nosa eficacia administrativa».

O presidente da Deputación destaca a importancia desta nova sede, unha medida incluída no Plan de Mandato 2019-2023: «Seguimos cumprindo obxectivos concretos dentro da nosa política planificada, ordenada e previsible, deseñada para mellorar Ourense».

Manuel Baltar e Álvaro Fernández estudan os planos da nova sede da Deputación en Valdeorras
Manuel Baltar e Álvaro Fernández estudan os planos da nova sede da Deputación en Valdeorras

A Deputación está ultimando a súa nova sede en Valdeorras, despois de pechar a comprar dun céntrico inmoble en A Rúa, situado na intersección entre as rúas Progreso —no número 45— e Benito Fernández. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co alcalde deste concello, Álvaro Fernández, para estudar os planos dun proxecto que suporá «seguir avanzando en proximidade cos veciños e reforzar a nosa eficacia administrativa». 

Manuel Baltar resalta a importancia de abrir esta sede en Valdeorras: «Será, sen dúbida, un útil punto de encontro e atención aos veciños e aos concellos de toda a comarca, así como un poderoso xeito de reforzar a alianza da Deputación cos colectivos sociais, empresariais e culturais». Destaca tamén o «pulo que recibirán todos os procedementos administrativos da administración provincial, que será aínda máis áxil nas súas xestións recortando trámites e tempos, algo completamente fundamental para que os servizos públicos sigan gañando en calidade e en proximidade cos axentes públicos e privados». 

somoscomarca_arua_sededeputacion_diputacion_2022 (2)
A casa do «Zúmballe» convertirase na nova sede da Deputación

Pechada a compra do inmoble, de dúas plantas e soto, os técnicos da Deputación xa teñen perfilado o proxecto previo para a reforma, rehabilitación e deseño dos espazos interiores da nova sede. Os técnicos sinalan que a «ubicación, accesibilidade e entorno deste edificio son os axeitados para o seu uso administrativo», cun deseño que dispón no interior varios espazos de traballo na planta baixa e nas outras dúas plantas, deixando para o soto unha zona de arquivo. «Un patio interior e o núcleo de servizos conecta todas as alturas favorecendo a creación dun entorno laboral dinámico e innovador», conclúen. 

Unha vez aberta, esta delegación permitirá reforzar os servizos da administración provincial en Valdeorras e, á vez, será un axente dinamizador para toda a comarca. «Valdeorras é un motor fundamental do noso territorio, un pivote básico da nosa economía. Neste contexto, e ante un futuro cheo de oportunidades, esta sede da Deputación será un importante apoio para avanzar no dinamismo deste territorio», incide Manuel Baltar. 

O presidente do goberno provincial lembra que activar esta delegación, a primeira da Deputación de Ourense, é unha das medidas contempladas no Plan de Mandato 2019-2023: «Seguimos cumprindo obxectivos concretos dentro da nosa política planificada, ordenada e previsible, deseñada para mellorar Ourense». Manuel Baltar reivindica que «somos un goberno cunha visión integral da provincia, un eixo de traballo fundamental apoiado en accións ben deseñadas. Agora, a apertura da sede en Valdeorras é unha nova mostra deste xeito de entender e executar as políticas públicas». 

A sede da Deputación en Valdeorras consolidase ca compra do edificio que a albergará