viernes. 20.06.2025

Remata o prazo de renovación das licencias de terrazas na Rúa

A Rúa terraza Bravo Lux
A Rúa terraza Bravo Lux

O alcalde do municipio, Luis F. Gudiña, anuncia sancións para aqueles establecementos que non renovaran o permiso e un prazo de adaptación á nova ordenanza

«Unha cousa é a renovación da licencia da terraza, que debe realizarse anualmente, tal e como se expón no propio texto da licencia, e cuxo prazo rematou o día 31 de marzo, e outra distinta a adaptación dos establecementos de hostelería á nova ordenanza reguladora das terrazas para o que hai establecido un prazo». Así de taxante se amosa o rexedor rués, Luis Fernández Gudiña, en clara alusión a un comunicado feito público nun xornal diario na nosa comarca.

No comunicado, exprésase o seguinte: «[...] rechazamos de plano la solicitud de licencia de terraza que se nos exige presentar a los hosteleros a requerimiento del alcalde socialista de A Rúa, D. Luis Fernández, antes del día 30 de marzo para adecuarlas a la nueva ordenanza, con advertencia de su cierre el día 31 de marzo en caso de incumplimiento [...]».

No mesmo escrito, alúdese á tenente alcaldesa, María González Albert, afirmando que minte cando di que tan só dous empresarios impugnaron a ordenanza «[...] cuando los 17 firmantes de este manifiesto representamos la práctica totalidad de los empresarios de hostelería afectados por las terrazas y veladores en A Rúa [...]», dicta o texto do manifesto.

Ante estas afirmacións, Fernández Gudiña defende que a súa socia de goberno non minte, senón que está «dicindo a realidade, só hai dous hosteleiros que presentaron o recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza, dos cerca de trinta que hai na vila», conta. E recorda, que dito tribunal xa se pronunciou ante a solicitude dos denunciantes da suspensión cautelar da ordenanza, entendeu que non procedía acordar esa suspensión».

Admite o rexedor que entre o gremio de hosteleiros «parece haber certo descontrol» porque «algúns presentaron a renovación de licencia, e outros presentaron un escrito no seu lugar negándose a presentala».

Aclara o alcalde que non se deben confundir os termos, «as licencias se otorgan a través desta ordenanza como se otorgaban a través da anterior, condedidas anualmente, polo tanto, todos os hosteleiros teñen que solicitar unha nova. Si non o fixeron antes do 31 de marzo, non poden ter a terraza funcionando porque están incumprindo a lei usando indebidamente o dominio público». E anuncia, «no día de mañá recibirán unha notificación onde se lles comunicará este feito e se a utilizan, o Concello pode proceder a expedientes sancionadores por uso indebido de ese espacio».

Remata o prazo de renovación das licencias de terrazas na Rúa