miércoles. 21.02.2024
somoscomarca_ruagua_202-12-054
Presentación á veciñanza de Valdeorras do proxecto "Ruagua"

O proxecto "Ruagua" foi presentado hoxe á veciñanza da comarca de Valdeorras no Centro Cultural Avenida de A Rúa, como ferramenta de carácter demostrativo para impulsar a economía circular nos servizos integrais da auga, así como para garantir a dispoñibilidade de auga durante épocas de seca e reducir o "estrés hídrico" na contorna.  

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou na presentación deste proxecto xunto á presidenta e ao director xeral da Fundación Cotec, Cristina Garmendia e Jorge Barrero, respectivamente; a CEO de Ikea España, Nurettin Acar; a deputada delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González; o deputado de Medio Ambiente, Jose María Lago; o director técnico do Consorcio de Augas de Valdeorras, Javier Bobe; a alcaldesa de A Rúa, María Albert; e o xornalista Luis Pardo que actuou como condutor do acto. 

O proxecto "Ruagua" foi un dos tres proxectos gañadores, dos 162 presentados de toda España, que obtivo unha dotación de 300.000 euros do último Proxecto DEMOS de economía circular en comunidades rurais de menos de 5.000 habitantes. "Ruagua", do Consorcio de Augas de Valdeorras, o Centro Tecnolóxico da Auga (Cetaqua) e AquaOurense (empresa mixta formada pola Deputación de Ourense e Viaqua), é unha iniciativa demostrativa de produción sostible e cogobernanza de auga rexenerada.  

O proxecto conta cun enfoque circular baseado en tres eixos: xeración de auga rexenerada, uso de enerxía solar como fonte renovable e produción de compost a partir das augas residuais xeradas no contorno da EDAR.

No ámbito da auga, Ruagua implantará un enfoque integral, dixital y áxil para achegar o uso de auga rexenerada a todos os sectores produtivos e servizos públicos. Este proxecto promoverá o desperdicio cero e reducir tamén o uso de fertilizantes e químicos, ofrecendo un compost de alta calidade. Así mesmo, impulsará a produción de enerxía solar como fonte renovable, contribuíndo á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro e ao combate do cambio climático.  

Desenvolvemento sostible 

O Proxecto DEMOS forma parte do Plan Allen da compañía IKEA -membro conselleiro de Cotec. O Plan Allen é unha iniciativa de IKEA para contribuír á recuperación da economía e a sociedade española. O seu principal obxectivo é crear emprego e promover a xeración dun desenvolvemento sostible. O Plan Allen desenvolverase entre 2022 e 2025. Ademais de Cotec, forman parte outras tres entidades como WWF, FADEMUR/FADEMUR e ASHOKA. 

Presentación á veciñanza de Valdeorras do proxecto "Ruagua"