A Praza da Estación na Rúa acolleu "Camiñantes e Cantantes" con catro artistas
08 de agosto de 2024 (10:37 h.)
Foron repasados once camiños a Santiago, incluíndo o de Inverno, nunha xornada festiva onde non faltaron as risas, a música e o orgullo do noso
Dentro das actividades festivas que ten A Rúa, onte mércores 7 de agosto, a Praza da Estación acolleu o ciclo "Camiñantes e Cantantes", promocionado por Turismo de Galicia.
Actuaron Pili Pampín, Manuel Manquiña, Pepo Suevos e La Oca Band, poñendo o toque musical e cómico á velada, mentres facíase un repaso por once camiños a Santiago de Compostela, incluíndo o de Inverno.