
Ás 23:oo horas desta noite de xoves día 2 de agosto, as Festas de Verán da Rúa comezarán a súa programación ca celebración do Encontro de Pinchadiscos que xa vai pola súa oitava edición. Luis Fernández Gudiña, alcalde da Rúa, explica que «non hai nada mellor que empezar cun grupo de xente da Rúa que da a coñecer as súas preferencias musicais e inquietudes por todo tipo de música».
Mañá venres día 3 de agosto, o día adicarase á Xuventude, a quen vai dirixida a actuación do grupo Punto y Aparte e o Tres orquestas actuarán sábado, domingo e luns na Rúa, Galilea, La Fórmula y New York. Tamén haberá tempo de disfrutar dos pasarrúas, coma a Charanga dos Caliqueños, e da banda de música nesta ocasión, vida dende Noia para facelo o mellor posible.
O programa deportivo inclúe a celebración de varios eventos nos que se inclúen os deportes do tenis, volei praia, golf rústico, fútbol e atletismo. En primeiro lugar, dende o día 30 de xullo celébrase o XXI Torneo de Tenis, ata o vindeiro día 5 de agosto. En marcha está tamén a celebración dos encontros do V Torneo de Volei Praia, ata o día 6 de agosto. Deportes ambos «que polas súas características necesitan máis tempo de celebración, por iso xa comezaron».
O venres día 3 chegará ás 19:00 horas, o Campionato de Golf Rústico na Área Recreativa do Aguillón. Para o sábado día 4, queda a celebración do Triangular de Fútbol de veteranos que terá lugar no campo de herba artificial Novo Aguillón a partires das 18:30 horas con entrada gratuita. Tamén este día pero ás 19:00 horas, disputarase a V Milla Urbana organizada polo Clube Atletismo Rúa. Explica o alcalde que «cada vez son máis as persoas que se achegan ata a Rúa para participar neste evento que pouco a pouco vai crecendo».
O festivo, luns día 6 de agosto, estará adicado aos nenos. A Área recreativa de O Aguillón acollerá, a partires das 17:00 horas, unhas enormes colchonetas de auga que alcanzan varios metros de altura e que están divididas por edades para evitar percances «e para que todos poidan disfrutar deles», conta Fernández Gudiña, e adianta que «a partir de mañá venres día 3 de agosto, haberá inchábeis nas piscinas municipais ata o domingo».
O martes día 7, chegará a feira á Rúa e os máis pequenos poderán disfrutar das atracciones da festa á metade do prezo habitual.
O Concello móstrase satisfeito coa organización dos eventos e o seu alcalde invita a todo o mundo a acudir á vila, porque «a hospitalidade da Rúa plásmase nestes días de festa».
Somos Comarca decidiu falar co alcalde da Rúa, Luis Fernández Gudiña, para que nos explicase con detalle cada unha destas actividades, e este é o resultado: