
O sábado 16 ás 19:30h e Centro Cultural Avenida acolle a obra de teatro "Gloria Nacional", escrita por Eduardo Alonso. E contará con entrada gratuíta. Neste caso a entrada será para maiores de 14 anos, os menores que queiran asistir deberano facer acompañados de adultos.
Alonso comenzaba a súa actividade teatral en 1965, sendo cofundador de varias compañías de teatro e produtoras. A súa traxectoria viuse agasallada con 8 premios. O último de eles foi o Premio de Honra Roberto Vidal Bolañom xunto a Luis Álvarez Pousa.
Esta obra ten como protagonista a Uxío Rodas, escultor, pintor e considerador polos seus contemporáneos unha auténtica "Gloria Nacional".
Os actores que lles darán vida aos protagonistas desta historia serán: Luma Gómez, Miguel Pernas e Manuela Varela.