martes 21/9/21

A Deputación de Ourense pon en marcha unha rede de espazos culturais para fomentar a música e as artes escénicas na provincia

O pleno da Corporación Provincial correspondente ao mes de maio de 2016 aprobou as bases reguladoras do programa da Deputación de Ourense cos concellos, para a creación e o cofinanciamento dunha rede de espazos culturais e a programación coordinada de actividades a nivel provincial para o presente ano 2016. Para a posta en marcha da dita rede a Deputación de Ourense destina un orzamento de 100.000 euros. Nestos estará A Rúa grazas a Centro Cultural Avenida. 

A finalidade é cofinanciar e cooperar conxuntamente cos concellos no fomento e a difusión das artes escénicas e da música na provincia, mediante a constitución dunha rede de espazos culturais (auditorios, casas de cultura e centros multiusos) da provincia de Ourense, establecendo así mesmo o seu marco regulador. A rede estará integrada pola Deputación de Ourense e todos os concellos de menos de 20.000 habitantes que conten con espazos escénicos que reúnan os requisitos establecidos na cláusula segunda e soliciten a súa adhesión. A dirección e representación da rede correspóndelle á Deputación Provincial a través do deputado delegado en materia de cultura, correspondéndolle á Asesoría de Política Cultural da Deputación as funcións de impulso e seguimento.

A Deputación de Ourense pon en marcha unha rede de espazos culturais para fomentar a...