15 de diciembre de 2025, 20:39
Decenas de persoas concentráronse este luns, 15 de decembro, diante do Concello da Rúa, nunha mobilización por Palestina convocada baixo o lema «Paz, xustiza e soberanía. Polo fin do xenocidio e da ocupación». A concentración tivo lugar ás 20.00 horas e formou parte dunha convocatoria simultánea en numerosos concellos galegos.
A mobilización da Rúa sumouse así ás protestas celebradas ao mesmo tempo noutras localidades de Galicia, nunha xornada de concentracións para reclamar o fin da ocupación e da violencia sobre o pobo palestino.
