
1 de agosto de 2024, 20:22
O local Bravo Lux da Rúa dálle o 'pistoletazo de saída' ás Festas da Rúa ofrecendo un concerto do grupo coruñés The Cruze, formación que vén de deixar recentemente un moi bo sabor de boca neste mesmo local.
Diante do local, e aberto a todo o público da Rúa, tocarán entre as 21:00 e as 22:30 h. aproximadamente para ir creando ambiente antes do XII Encontro de Pinchadiscos, que se fará onde outro local da Rúa, neste caso 'El Escondite Inglés'. Nesta cita, ademais de DJ locais, estarán como convidados Javi Serrano e Rafa Torres. O evento comezará ás 23:00 h.
En palabras de Javier, xerente do Bravo Lux: "Estou encantado de ofrecer este concerto e que sirva tamén de previo ás festas grandes da Rúa complementando así a súa programación".