sábado. 31.05.2025

O Concello da Rúa, «totalmente en contra» do aumento no custo da recollida do lixo

Segundo explica María G. Albert, alcaldesa do municipio, isto aumentaría entre «12 ou 15 euros o recibo anual»
contenedoramarillo

«É unha decisión unilateral por parte de Sogama», así o explica a alcaldesa do Concello da Rúa, María González Albert. Todo isto vén dado pola subida de prezo anunciada por parte da Sociedade Galega de Medio Ambiente —Sogama— pola recollida de residuos. 

A alcaldesa tacha de «arbitrario» o aumento no canon, xa que non se «vai aplicar no 100% dos concellos do país e tampouco responde a realidade de cada un dos municipios». De feito, remarca que a recollida de lixo está «delegada na Deputación de Ourense e, ademais, temos unha planta de Sogama aquí». 

Por este motivo, «nos opoñemos enerxicamente a esta subida que pretenden que lle apliquemos a cidadanía». Xa que, segundo explica a rexedora, isto aumentaría entre «12 e 15 euros o recibo anual de cada usuario». A subida por parte da empresa é de 16 euros por tonelada. 

Dende a Federación Galega de Municipios de Provincias (Fegamp) están a «estruturar unha resposta colectiva, por boa parte dos concellos, a esta medida. Case non nos deron posibilidade de audiencia máis que asumila como propia».

O Concello da Rúa, «totalmente en contra» do aumento no custo da recollida do lixo