domingo. 08.06.2025

O Concello da Rúa celebrará a súa primeira cea do Entroido

En esta ocasión, o Concello da Rúa sorprende con dúas novidades para estas festividades
somoscomarca_arua_entroido_desfile_carnaval_2023 (31)
O Concello da Rúa celebrará a súa primeira cea do Entroido

O Entroido non para de chegar a todos os recunchos da comarca. En esta ocasión, o Concello da Rúa sorprende con dúas novidades para estas festividades. Unha delas, é a primeira cea de Entroido e a outra un festivo. 

Pero antes de proseguir, vamos saber o que se podará desfrutar nos próximos días no concello. O sábado 10 de febreiro, será a quedan dos máis pequenos. Na Estación de Autobuses —cunha carpa climatizada e gratuíto—, a partir das 17:30 terá lugar unha festa infantil con circo miúdo, disfraces, música e moitas cousas máis. 

O luns 12 de febreiro chega a primeira das novas, unha cea popular do Entroido, tamén se fará nesa carpa climatizada na que xogaron os máis cativos. No menú poderase degustar empanada, sopa de cocido, costela de tenreira asada, orellas, café e chupitos. As entradas teñen un custo de 20 € e comezará ás 21:30h. 

O día de Entroido, o martes 13 —festivo local—, haberá un desfile de comparsas que sairán dende o Campo Grande ás 16:30 e finalizará na Praza da estación. As comparsas poderanse inscribir ata o luns 11 de febreiro ás 14:00, podendo presentarse a instancia ben no rexistro do Concello ou a través de calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

Poderán participar no desfile todas as persoas que o desexen independentemente da súa nacionalidade e lugar de residencia. Facéndoselle entrega dunha axuda económica ás comparsas e fulións dependendo do número de compoñente:

  • Comparsas de 10 a 20 compoñentes: 85 €
  • Comparsas de 21 a 30 compoñentes: 175 €
  • Comparsas de 30 a 40 compoñentes: 275 €
  • Comparsas de 41 a 50 compoñentes: 375 €
  • Comparsas de máis de 50 compoñentes: 425 €
  • Folións de 21 a 30 compoñentes: 125 €
  • Folión de máis de 30 compoñentes: 250 €

Para finalizar, o día 14, farase o enterro da Sardiña cun velorio no Atrio de San Estevo e remate na Praza César Conti. Esta actividade está organizada pola Ruada, sendo gratuíta. 

O Concello da Rúa celebrará a súa primeira cea do Entroido