O Concello da Rúa avanza nas obras que tiñan previstas para este ano
Fai unhas semanas a alcaldesa, María G. Albert, adiantaba que estas obras se comezaría en poucos días. De feito, aseguraba que esta obra «tamén viña herdada».
Estas melloras sufrían un atraso por mor de que «había un problema porque Patrimonio non permitía esa obra tal e como estaba concibida, entón houbo que traballar nos acabados», explica a alcaldesa. Pero, o 6 de marzo daban comezo estas obras na Rúa das Guindeiras. Por outra banda, «seguen en marcha, a bo ritmo, tanto a obra na Rúa Pireira como as do Plan Hurbe que se están a desenvolver no centro da vila».
Cabe recordar que fai unhas semanas a alcaldesa explicaba que na Rúa Pireira, «estanse desenvolvendo con toda normalidade. Ademais, teño que dicir que é unha empresa curiosa e rápida, que están funcionando moi ben. É un ramo relativamente pequeno e que haberá que ter unha terceira fase», comenta María Albert.