A chuvia non puido co espectáculo de teatro e música, Camiño máxico no Pico Sacro, na Rúa
Da man de Turismo de Galicia chegou á Rúa a obra, Camiño máxico no Pico Sacro, da compañía, Queimán e Pousa. Teatralización que narra a lenda do apóstolo Santiago facendo que o Camiño de Inverno tamén forme parte da obra.
A representación xa pintaba ben cando un impresionante dragón, de cinco metros de longo e dous de alto baixou pola rúa Telesforo Ojea e logo subiu pola de Padre Feijoo facendo efecto chamada que invitaba que a xente se sumase ao espectáculo.
Música e lume para saber un pouco máis da historia do apóstolo desde o traslado do seu corpo ata Galicia nunha barca de pedra ata as derradeiras peregrinaxes. Dragóns, meigas, raiñas, druídas, eremitas, ate 15 actores forman este elenco que fixo vibrar ao público arrincando os seus aplausos.
O lugar elixido polo concello, o entorno da igrexa de Fontei tamén quixo ser unha homenaxe as persoas que loitaron para que o Camiño de Inverno se abrise e o que é máis importante formase parte da rede de camiños xacobeos. Así non moi lonxe de onde se representou a obra está a pedra homenaxe a un deses primeiros promotores, Ramón García, Ragar e tantos outros.
O espectáculo foi abríndose ao público facendo un camiño de historia a través de persoeiros como a caveira Matías, a raíña Lupa, o dragón, as mariscadoras, os peregrinos ou as meigas. Primeiro paseniño e tranquilo e a medida que avanzaba o espectáculo, a enerxía e o lume apoderáronse da escena e encheron de maxia o recinto, a mesma que a do Camiño máxico no Pico Sacro
A chuvia deixou que o espectáculo se desenrolase con normalidade, agás ao final que caeu con certa forza