sábado. 07.06.2025

Atlético Godello: fútbol, amizade e moito orgullo por Valdeorras

Os xogadores do equipo coruñés, formado por valdeorreses, visitaron a adega Alán de Val, onde o seu xerente amosoulles o proceso de elaboración do viño e agasallounos cun bo «Godello»
somoscomarca_arua_pedrazais_atleticogodello_joaquinsanchez (4)
Atlético Godello: fútbol, amizade e moito orgullo por Valdeorras

Hai paixóns que unen. O fútbol é unha delas, pero se a isto lle sumamos o amor pola terra e polo bo viño, o resultado é algo tan auténtico como o Atlético Godello. Este equipo, formado por rapaces de Valdeorras afincados na Coruña, non só leva o fútbol no corazón, senón tamén o nome da súa comarca ben presente. Porque, como din eles, «se hai que celebrar, mellor cun bo Godello na man!».

somoscomarca_arua_pedrazais_atleticogodello_joaquinsanchez (5)

 

A historia deste equipo comezou cunha simple idea: crear unha alternativa de lecer para aqueles valdeorreses que, por estudos ou traballo, fixeron da Coruña o seu fogar. «Ao principio eramos tres amigos, pero pouco a pouco foise sumando máis xente. Agora mesmo, ademais dos xogadores, temos unha gran afección que nos segue cada semana», conta Anxo García, un dos xogadores do club.

Hoxe en día, o Atlético Godello está federado e compite na segunda autonómica da Coruña. Malia os retos deportivos, nunca perden de vista o seu obxectivo principal: dar a coñecer Valdeorras e o seu viño estrela, o Godello. «Queremos que a comarca teña a visibilidade que merece, que se coñeza todo o que pode ofrecer. E que mellor maneira que a través do deporte?», explica Anxo con entusiasmo.

somoscomarca_arua_pedrazais_atleticogodello_joaquinsanchez (2)
A presidenta, Macarena Quiroga, no centro, a súa esquerda Anxo García

A presidenta é unha muller tamén de Valdeorras, Macarena Quiroga, quen presume de equipo e está orgullosa de representalos alí onde vaian.

Visita a unha adega moi especial

O amor polo viño non é só simbólico. Os rapaces do Atlético Godello tiveron a oportunidade de visitar a adega Alán de Val, onde Joaquín Sánchez, o xerente, os recibiu con agarimo:

somoscomarca_arua_pedrazais_atleticogodello_joaquinsanchez_bodega) (4)
somoscomarca_arua_pedrazais_atleticogodello_joaquinsanchez_bodega) (4)

«Para nós é un privilexio que un equipo leve no seu nome algo tan noso como o Godello. Ademais, é bonito ver como levades Valdeorras con vós, aínda que esteades na Coruña», comentaba Joaquín mentres guiaba ao equipo polas instalacións da adega.

somoscomarca_arua_pedrazais_atleticogodello_joaquinsanchez (8)
Este é Álvaro, un extremeño que fichou polo Atletico Godello

E, como non podía ser doutro xeito, a visita rematou cun bo brinde. «Aquí sempre teredes un sitio para celebrar as vitorias... e para afogar as penas se fai falta!», dixo Joaquín cun sorriso.

somoscomarca_arua_pedrazais_atleticogodello_joaquinsanchez_bodega) (2)

Un equipo con raíces, pero sen fronteiras

O Atlético Godello non é só un club de fútbol. É un equipo de xente que ama a súa terra. A súa familia medra cada día e xa conta con xogadores de diferentes lugares, incluso de fóra de Galicia. «Este ano temos a Alfonso, que vén de Extremadura. Non sei se será por esa irmandade entre A Rúa e Almendralejo, pero aquí é ben recibido!», din entre sorisos.

somoscomarca_arua_pedrazais_atleticogodello_joaquinsanchez (7)
Joaquín, Basteiro y Macarena

O obxectivo está claro: seguir medrando, sumando afeccionados e levando o nome de Valdeorras alá onde xoguen. «Se seguimos así, quen sabe, igual acabamos con trofeos do tamaño dos do Barça!», soltan entre risas.

somoscomarca_arua_pedrazais_atleticogodello_joaquinsanchez (13)
Macarena Quiroga, a presidenta amosa orgullosa a camiseta do equipo

O que está claro é que este equipo non só xoga ao fútbol, xoga a vivir, a compartir e a presumir con orgullo da súa terra. E, por suposto, sempre cun bo Godello na man!

somoscomarca_arua_pedrazais_atleticogodello_joaquinsanchez (6)

Deixamos aos membros do Atlético Godello desfrutando dun momento máxico: o sol escondéndose por detrás do Pico de Roblido, tinguindo o ceo de laranxas e vermellos, cores que se funden no encoro de San Martiño coma unha acuarela líquida.

somoscomarca_arua_pedrazais_atleticogodello_joaquinsanchez (11)

Entre risas e copas alzadas, despedímonos deles e tamén de Joaquín, da súa dona e da súa sobriña, que nos acolleron coa hospitalidade propia da xente de ben. Un adeus que sabe a reencontro, porque cando hai fútbol, viño e amizade, sempre hai unha excusa para volver.

somoscomarca_arua_pedrazais_atleticogodello_joaquinsanchez (14)
Grazas pola despedida

 

Atlético Godello: fútbol, amizade e moito orgullo por Valdeorras