viernes. 19.04.2024

A Asociación Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras que preside Asunción Arias celebra este sábado, 14 de maio, a Asemblea ordinaria do presente ano. A reunión terá lugar na sala multiusos do Concello da Rúa, en primeira convocatoria ás 19:40 horas e en segunda convocatoria as 20:15 horas.

Despois da asemblea haberá unha cea na Marisquería Peyma da Rúa. Os que queiran ir terán que chamar ao 616124521 para confirmar a asistencia.

Os puntos a tratar na asemblea son os seguintes:

  1. Lectura e aprobación se procede da acta anterior
  2. Contas da Asociación por parte da Tesoureira.
  3. Proposta para formar parte da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.
  4. Nomeamento e dimisión: A actual tesoureira por motivos persoais presenta a súa dimisión. E presentase unha nova persoa para sustituila.
  5. Actividade aproveitando que é Ano Santo para ir a Santiago en autocares.
  6. Incluír a Jose Antonio Casanova como membro da Directiva.
  7. Rogos e preguntas.

A Asociación Amigos do Camiño de Inverno por Valdeorras retoma a asemblea presencial...