domingo. 08.06.2025

Accidente na N-120 a altura da entrada da Rúa

300578500_3232671763728725_6522399046864223560_n
Accidente na N-120 na entrada á Rúa polo acceso oeste

Unha persoa de avanzada idade perdeu o control do seu vehículo cando viaxaba pola N-120 a altura da Rúa, por unha leve indisposición. Os feitos ocurriron pasadas as dez da noite, do 19 de agosto.

O conductor do vehículo, unha persoa diabética, que procedía de Ourense e que se dirixia ao Barco, notou que tiña unha baixada de azucre cando estaba transitando pola N-120, a altura do parque de bombeiros. Quixo entrar á vila pero cando estaba xa no acceso  perdeu o control do seu coche que se saíu da vía e petou contra as barras de protección da estrada.

300577710_3232671567062078_816226236450827241_n
Lugar onde se produciu o sinistro, na entrada oeste da Rúa

Por sorte non houbo que lamentar feridos, o qiue si tivo o vehículo foron danos materiais. Até o lugra o sinistro desplazouse Protección Civil da Rúa, a Garda Civil e o servizo de mantemento da N-120.

Accidente na N-120 a altura da entrada da Rúa