sábado. 03.06.2023

Abertal puxo o broche de ouro á celebración das Letras Galegas na Rúa

Un grupo de nenas e nenos, e tamén os maiores da agrupación cultural ruesa, fixeron as delicias das ducias de persoas que se deron cita na Praza do Concello da Rúa para render homenaxe ás Letras

A agrupación Abertal da Rúa homenaxeou ás Letras Galegas como mellor sabe, cantando e bailando para as ducias de persoas que se achegaron na tarde do venres 19 de maio á Praza do Concello da Rúa.

 O son das pandeiretas, gaitas, acordeóns e tamboriles fixeron que os pés dos máis pequechos da agrupación se moveran sos.

 

Non faltaron á cita o alcalde e candidato ao PP Álvaro Fernández e a concelleira e candidata polo BNG, María González Álbert.

somoscomarca_arua_abertal__diadasletras_2023784 (9)
O alcalde inmortalizou o acto co seu móbil

Unha tarde para lembrar a cultura e a lingua galega  co son dunha terra.

 

Abertal puxo o broche de ouro á celebración das Letras Galegas na Rúa