
18 de julio de 2024, 9:43
Un ano máis o fútbol solidario volve ao Campo Vicente Solarat da Rúa da man dos xogadores veteranos. Nesta ocasión cunha nova proposta, créase o primeiro Trofeo Godello de Valdeorras.
Con motivo desta celebración o Club Deportivo Rúa enfrontarase co Vélez de Málaga o próximo venres 19 de xullo ás 19:00. «Eu creo que os veteranos da Rúa fan un traballo importante nas causas sociais deste concello», así o asegura María González Albert, alcaldesa do municipio.