Quiroga xa ten data para a V Cantos de Taberna. A través da Área de Xuventude, o Concello organiza una nova actuación dos Cantos, co obxetivo da recuperación das súas tradicións musicais.
Os cantos nas tabernas foron una maneira de divertimento, de ocio e un xeito de producir e manter a tradición musical da comarca. Esta nova edición que se recupera despois de dous año realizarase o sábado 19 de marzo.
Neste V Cantos de Taberna cada agrupación musical participante realizará unha actuación de 20 a 25 minutos en cada establecemento, e rematarán todos xuntos cunha gran foliada. Poden participar gratuitamente todas as agrupacións que o desexen cun mínimo de 5 participantes e un máximo de 12.
As persoas que desexen inscribirse deben anotarse na Casa da Cultura antes do día 15 de marzo, ben persoalmente ou a través do número de teléfono 982 43 51 25.