viernes. 19.04.2024

Dende Sputnik Labrego destacan que nesa época puideron vivir entre 150 e 200 persoas no século IV da nosa era

Grazas ás análises derivadas do voo dron e dos datos xa existentes o grupo Sputink Labrego pudo calcular que durante a ocupación do xacemento do Castelo, en Valencia do Sil, viviron ao mesmo tempo unhas 150-200 persoas.

Estos resultados son provisionais cos datos que ten o grupo polo momento, pero encaixan ben coas dinámicas que coñecían para este tipo de sitios. Esta conclusión forma parte dunha memoria interpretativa entregada esta semana na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, onde se detallan todos os resultados da escavación que o equipo levou a cabo no xacemento durante Setembro de 2019.

"O resultado máis importante, continúa Tejerizo, foi que grazas a esta intervención e á de Santiago Ferrer un mes antes da nosa, este xacemento recuperou o lugar que lle correspondía dentro da comarca de Valdeorras" destacou Carlos Tejerizo, director do proxecto.

A memoria interpretativa entregada é un trámite obrigatorio en toda intervención arqueolóxica para presentar a metodoloxía, resultados e potencialidades dun sitio arqueolóxico.

Así, estes resultados fanse públicos e poden ser consultados por outros especialistas. As análises petrográficas que fixeron sobre as mostras recollidas no xacemento demostran que o sector que escavaron está vinculado coa actividade metalúrxica, probablemente coa forxa de ferro, aínda que non poden descartar que sexa de cobre, debendo facer máis análisis, demostrando a presenza non só de actividades no sitio, mais tamén unha organización interna moi ben estruturada.

A memoria tamén presenta as dúas datacións radiocarbónicas realizadas sobre o sitio, que mostrarían unha ocupación clara do xacemento cara a mediados do século IV, aínda que non se pode descartar nin unha ocupación anterior nin posterior.

As intervencións en Valencia do Sil continuarán o próximo setembro, cunha escavación que contará coa presenza de alumnas e alumnos do Mestrado de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade da Universidade de Santiago de Compostela, a partir dun convenio asinado entre a Universidade e o Concello de Vilamartín de Valdeorras. Dende Sputnik Labrego agradecen a aposta do Concello de Vilamartín pola cultura e o patrimonio xa que así poderán continuar ca investigación en canto ás condicións sanitarias o permitan.

Preto de 200 persoas puideron vivir no Castro de Valencia do Sil