martes. 28.11.2023

Denuncia o

desmantelamento da sanidade na comarca  e

pide á consellería que escoite as demandas 

dos profesionais, doentes  e

veciñanza

A deputada do

BNG, Noa Presas, formulou hoxe unha

pregunta ao conselleiro de sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, na que reclamou

cubrir as prazas por xubilación do

persoal médico de Atención Primaria en Valdeorras e rematar co deterioro

sanitario da comarca.

A deputada,

denunciou o desmantelamento  da atención primaria valdeorresa á que

sumou a «situación insostible» do Hospital. Para a nacionalista, o Goberno

galego está a xogar co «dereito á saúde» polo que demandou unha rectificación

contra o abandono de  Valdeorras.



Presas insistiu

na necesidade de establecer un diálogo

entre a consellería, os e as profesionais, doentes e veciñanza para abordar alternativas contra os recortes

económicos e de persoal ao que engadiu 

recortes na capacidade de xestión e autonomía pola  reforma da Lei de Saúde.

A deputada

tamén  denunciou casos graves detectados durante o Nadal coa  falsificación de partes de garda cuxa

investigación non foi iniciada pola Xunta de Galiza porque, ao seu entender,

esa falsificación pretendía agochar  «a

falta de persoal».



Pedímoslle unha

rectificación e que doten esta comarca

dos medios necesarios na atención primaria e na atención hospitalaria

porque están «impedindo o dereito ao acceso á sanidade», reiterou. 

Na súa

intervención, a nacionalista referiuse ás

xubilacións do persoal médico sen cubrir e nomeou, entre outras, as  localidades de Rubiá, A Rúa, O Barco, Viana

do Bolo e Vilamartín de Valdeorras.

Primeira das concentración realizada no Centro de Saude do Barco

Recordar que os centros de Atención Primaria da Rúa e O Barco fan todos os luns un parón de 5 minutos as portas dos seus respectivos centros para visualizar o seu desacordo e a falta de medios dos que dispoñen.

«Reiteradamente a

 zona

especial de urxencias da Veiga e O Bolo quedan sen cubrir. Iso fai que A

Veiga dependa de Viana e O Bolo do Barco, arriscando a calidade do servizo cun só especialista  para 

atender até 700km cadrados».



Nesta parte do

territorio, explicou,  existe un problema de 

avellentamento e aumento de enfermos pluripatolóxicos pero tamén existen

necesidades urxentes no Hospital de Valdeorras no que non funciona o

servizo de Hospitalización a Domicilio por falta de persoal.

Trala resposta do

conselleiro de Sanidade que destacou o

funcionamento, dende onte mesmo, dos desprazamentos, a  deputada desmentiuno  pero de ser así, dixo, quero amosar a miña

satisfacción  por comprobar que grazas a

pregunta formulada polo BNG, «a consellería toma decisións no bo camiño».

Un dos paros realizado no Centro de Saúde da Rúa

Por outra parte,

a nacionalista salientou que «faltan

internistas» e polo tanto non funcionan moitos servizos ademais é  falsa 

a activación da  hospitalización a

domicilio e a cobertura de profesionais en Atención primaria, concluíu.

Presas reclama no Parlamento que se cubran as prazas das xubilacións de Atención...