jueves. 19.06.2025

Os otorrinos de Ourense atenden unha media de 15 casos mensuais de extracción de corpos estrano

Os especialistas continúan a realizar a labor que convertíu a San Blas no seu patrón, con más de 200 procedimentos anuais de extracción de corpos estranos do nariz, oido ou gorxa
 
somoscomarca_otorrinos_2024-02-02
somoscomarca_otorrinos_2024-02-02

O 3 de febreiro conmemórase o día da otorrinolaringoloxía, coincidindo coa celebración de San Blas, médico e bispo armenio do século IV ao que se lle atribúe a curación dun neno que se estaba afogando cunha espiña de peixe. Más 1700 anos despois, os especialistas de oído e garganta continúan realizando este labor imprescindible que moitas veces salva a vidas, e que é moito máis frecuente do que se podería pensar. 

No Servizo de otorrinolaringoloxía aténdense unha media de 15 casos mensuais de extracción de corpos estranos. Sen contar os que se atenden en primaria ou urxencias. 

Célia Lendoiro, xefa do servizo de OTRL explica que “En adultos os máis frecuentes son as espiñas e ósos, mentres que en nenos adoitan ser frecuentes corpos estraños nasais e nos oídos”. 

A Dra Lendoiro advirte que “os máis perigosos en nenos son os atragoamentos que poidan obstruir a vía aérea como froitos secos, pequenos xoguetes, é por suposto son especialmente perigosos a inxesta de pilas e baterias”. 

Con 174 ingresos anuais, 442 intervencións,  20. 649 consultas e máis de 30.000 diferentes probas diagnósticas anuais, só en 2023, a extracción de corpos estranos é unha pequena parte da súa actividade, pero segue a estar presente séculos despois

Os otorrinos de Ourense atenden unha media de 15 casos mensuais de extracción de corpos...