viernes. 19.04.2024

Os socialistas celebraron o seu acto central de campaña no Auditorio Xulio Vázquez de Trives

O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou o seu acto central de campaña do día en Trives, no Auditorio Xulio Vázquez, que amosou un cheo absoluto para escoitar o candidato ó Senado, Juan Carlos Francisco e a candidata ó Congreso, Marina Ortega, que compartiron mitin coa alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega e a de Trives, Patricia Domínguez Barja. Pechou o acto o secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino.

A alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, foi a encargada de comezar as intervencións, trala presentación realizada polo secretario local do PSdeG en Trives, Ángel Sabín, que chamou a "mobilizarnos  unha vez máis para acadar os mellores resultados posibles en Trives e na provincia, que lle permitan a Pedro Sánchez converterse en presidente do Goberno".



Pola súa banda, a alcaldesa de Castro Caldelas destacou que "o voto o PSOE é un voto o futuro e o progreso de toda unha provincia e de toda a comarca, que segue cambiando e que o pasado 26 de maio referendouse nas urnas a nivel municipal, acadando apoios para lograr 3 alcaldías como son as de Castro Caldelas, Trives e Manzaneda", apuntou Sara Inés Vega.

Patricia Domínguez Barja, a alcaldesa de Trives, fixo un chamamento para concentrar o voto no PSOE que "é o único partido que se comprometeu persoalmente co goberno municipal de Trives para acadar un tramo enlace coa futura A-76 e mellorar as conexións coa estación de AVE de A Gudiña", ademais de destacar que "só os socialistas poden poñerlle freo o desmantelamento que está a sufrir o Hospital Comarcal de Valdeorras, que cada día que pasa sofre un novo recorte por parte da Xunta e o goberno de Feijóo".

A candidata ó Congreso, Marina Ortega, destacou que o día 10 de novembro “ninguén pode quedar na casa, xa que nos xogamos un modelo de país”. A carballinesa apuntou que fronte as tres dereitas "só hai un único voto posible polo progreso e o futuro de Ourense e pasa por Pedro Sánchez e o PSOE". A socialista tamén subliñou que "o goberno de Pedro Sánchez fixo máis en estes meses de intenso traballo en Madrid que os gobernos do Partido Popular en 9 anos, que esqueceron a provincia e gardaron proxectos vitais para a mesma nun caixón".

Pola súa banda, o candidato ó Senado, Juan Carlos Francisco destacou a necesidade dunha mobilización masivo dos votantes para "frear o fascismo de VOX e que non sega entrando nas institucións da man do Partido Popular e Ciudadanos". Non quixo esquecerse Francisco dos bos resultados electorais acadados nas últimas municipais na comarca de Trives, onde se acadaron tres alcaldías (Trives, Manzaneda e Castro Caldelas) e onde se sumaron moi bos resultados en municipios coma Chandrexa de Queixa ou Viana do Bolo. "Hoxe aquí reivindicamos o voto socialista, ese que ten que mobilizarse o próximo domingo para defender a democracia daqueles que queren acabar con ela e lembrando que non fai moitas décadas, en España, non se podía votar, polo que cobra maior importancia o exercicio da democracia, para non voltar o noso pasado máis escuro".

Pechou o acto o secretario provincial del PSdeG Rafael Rodríguez Villarino que pediu os asistentes que sairán as rúas e transmitiran nos seus círculos "a necesidade de apostar por un goberno de progreso, que rescate esta provincia do ostracismo e que lle de a forza que os Baltar lle quitaron para renacer das súas cinzas". O voceiro socialista na Deputación provincial culpou o réxime dos Baltar os que acusou de "caciquear e espoliar Ourense durante décadas metendo a provincia na UCI, e postergándose no poder co único fin de manter ocupado o sillón de mando".


  

O PSdeG chama en Trives a unha mobilización para rescatar a Ourense da UCI