viernes. 29.03.2024

Cada unha das 3 instalacións abertas terá unha forma diferente de uso en función das súas características

Este mércores volverán abrir as instalacións deportivas do Concello do Barco tras o seu peche por mor do confinamento provocado polo Covid-19. Nesta primeira fase reabrirán ás pistas de pádel, atletismo e tenis, sendo necesario facer unha reserva previa, e cumprir unha serie de requisitos tanto para a solicitude de uso das instalacións, como para facer deporte nas mesmas.

Ademáis cada unha das instalacións ou modalidades terán horarios e normas diferentes adaptadas ao deporte correspondente.

Para evitar riscos preparáronse unha serie de medidas asociadas ao uso das instalacións.

-Limpeza e desinfección profunda dos elementos comúns.

-Aprovisionamento de material de sinalización e balizamiento, así como equipamento para o responsable municipal da instalación.

-Aprovisionamento de material de limpeza e hixiene para utilización por parte dos usuarios: rolos de papel, papeleiras, desinfectantes…

-Formar ao persoal nos novos protocolos de reapertura (distanciamento social, limpeza, vixilancia, axuda, consultas…) para garantir a súa seguridade e a dos seus usuarios.

-Despois de cada quenda: limpeza dos elementos que sexan utilizados e da zona habilitada para o uso; limpeza dos elementos comúns.

-Colocación de cartelería indicando punto de hixiene, zona de mochilas e dobre calzado, aseo para caso de emerxencias, e normas de seguridade e hixiene para o COVID-19.

-Reforzar e intensificar os servizos de limpeza das instalacións, especialmente despois de cada quenda de uso dos deportistas, garantindo unha limpeza e desinfección permanente da instalación durante o período de apertura ao público.

-Utilizaranse desinfectantes como disolución de lixivia (1:50) recentemente preparada ou calquera dos desinfectantes con actividade virucida que se atopen no mercado e que foron autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade. No uso deste produto respectaranse as indicacións da etiqueta.

-Tras a limpeza, os materiais empregados almacenaranse de forma segura, procedéndose posteriormente ao lavado de mans.

-Incrementar o protocolo de revisión de papeleiras e retirada de residuos

Normas de uso de carácter xeral para as 3 instalacións:

O deportista debe levar luvas, máscara, hidroxel, dobre calzado -un de rúa e outro para adestrar-, bebida propia, individual e que non se poderá compartir.

Non se poderá comer na instalación e recoméndase o uso de coleteros, gomas e cintas para suxeitar o pelo, tampouco se poderán usar os vestiaros -no caso da pista de atletismo-, pero haberá un aseo preparado para casos de extrema necesidade.

Estará prohibido cuspir na instalación e deberáse manter en todo momento a distancia de seguridade de 2 metros entre deportistas.

Os deportistas das diferentes quendas deberán estar entre 5 e 10 minutos antes na porta da instalación.

Para poder empregar as mesmas deberáse enviar un correo electrónico a [email protected]. O prazo da solicitude das citas varía en función do recinto deportivo.

Medidas específicas establecidas para cada unha das instalacións:

-Protocolo pista de tenis.

-Protocolo pista de pádel.

-Protocolo pista de atletismo.

Se queres escoitar ao edil de deportes do Concello do Barco Aurentino Alonso, podes facelo na seguinte ligazón:

O Concello do Barco reabre este mércores ás instalacións deportivas