O Barco entra na lista de concellos con restriccións en Galicia
As novas normas serán revisadas dentro de 7 días, en función da situación epidemiolóxica poderán levantarse ou continuar vixentes
A Consellería de Sanidade ven de aplicar restriccións en 3 novos concellos da comunidade autónoma, xunto a Sanxenxo e Meis, O Barco entra na lista de municipios onde, por exemplo limítase o aforo dos establecementos comerciais ao 50%.
O Comité clínico decidiu a inclusión do Barco de Valdeorras debido a situación epidemiolóxica e a incidencia do Covid na vila. As medidas publicaránse hoxe no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor as 00:00 horas desta medianoite, volvendo a revisarse en sete días, nese momento decidiráse se seguirán vixentes ou polo contrario levántanse.
Entre estas restricións destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros.
Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.