sábado. 07.06.2025

Miguel Bautista Carballo entre os candidatos ó Senado do PSdeG-PSOE

O comité provincial ratificou hoxe ós candidatos ó Congreso e ó Senado propostos polas asembleas, a candidatura definitiva será escollida o 17 de marzo polo comité federal

O comité provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, o máximo órgano dos socialistas ourensáns entre congresos, vén de aprobar por unanimidade as propostas de candidaturas para os procesos electorais que se celebrarán durante os vindeiros meses. Nunha xuntanza extraordinaria celebrada na mañá de hoxe sábado, o comité acordou a aprobación unánime da proposta de candidaturas para o Congreso dos Deputados e o Senado, pendentes de ratificación polo comité federal, respectando as propostas recibidas das diferentes asembleas municipais de toda a provincia. Tamén aprobou a emisión de ditames sobre as candidaturas nos municipios de máis de 50.000 habitantes, e ditames de candidatos ou candidatas nos municipios de menos de 20.000 habitantes, en ambos casos para as eleccións locais de maio.

A partir de agora, corresponde ás estruturas superiores do partido concretar e aprobar as candidaturas definitivas, mediante un proceso que, para as eleccións xerais do 28 de abril, concluirá o vindeiro domingo día 17 de marzo, no comité federal do que sairán as candidaturas do PSOE para toda España.A confección destas candidaturas está regulada nos estatutos mediante un proceso no que cada órgano desenvolve un papel diferente antes de que o comité federal escolla as definitivas.

Estas son propostas de candidaturas ás Cortes Xerais aprobadas polo comité provincial hoxe, ordenadas segundo o número de propostas recibidas das diferentes asembleas municipais de toda a provincia:

CONGRESOSENADO
NOME E APELIDOSNº PROPOSTASNOME E APELIDOSNº PROPOSTAS
Francisco Rivera Juan Carlos44Maldonado González Eva27
Ortega Otero Marina28Bautista Carballo Miguel26
Puente Carracedo Ofelia7Pérez Domínguez José Antonio24
Bravo del Caño Luísa6Gulín Iglesias Luis16
Fernández Feijóo Antonio6Tallón Núñez Marina12
Pérez Abellás Adolfo6Garrido Rodríguez Ana9
Yáñez Rosa María6Rodríguez Vázquez Manuel8
Alonso Suárez Antón5Álvarez Gómez Julio7
De Castro Palomares Álvaro5González Fuiza Antonio6
Tizón Vázquez Uxía5Rego López José Manuel6
Rey Rey Javier3De Prada Creo Elena Rosa5
Gulín Iglesias Luis2García Lozano Concepción3
Vila Araújo Álvaro2Vila Araújo Álvaro3
Álvarez Gómez Julio1Barreiro Alonso Enrique2
Bautista Carballo Miguel1Rodríguez Delgado Rosario2
García Lozano Concepción1Álvarez José Luis1
Garrido Rodríguez Ana1Briz Cid Soraya1
Martínez Manuel1Cid Antonio1
Moreiras Pavón Rocío1Francisco Rivera Juan Carlos1
Pérez Domínguez José Antonio1Guede Fernández Alexia1
Rodríguez Villarino Ángeles1Ortega Otero Marina1
Rodríguez Veloso José1Puente Carracedo Ofelia1

No caso dos ditames de candidatos ou candidatas e candidaturas para as eleccións locais de maio nos municipios de menos de 20.000 habitantes, foron aprobadas por unanimidade 78 candidaturas. Restan 15 máis por ser ditaminadas pertencentes a 14 municipios e unha entidade menor, que serán aprobadas proximamente. Para os municipios de máis de 50.000 habitantes –na provincia unicamente a cidade de Ourense– o ditame tamén foi aprobado por unanimidade respectando os votos obtidos na consulta á militancia e os acordos do comité de listas.

O PSdeG-PSOE ourensán destaca que o proceso “está a desenvolverse con absoluta normalidade e conforme ás normas que marcan os estatutos do PSOE, que conceden ás asembleas municipais e ás agrupacións provinciais a capacidade de facer propostas sen carácter vinculante”, co fin de acadar “candidaturas sólidas, fortes e gañadoras que conten co máximo apoio da militancia e de toda a cidadanía”. “As próximas candidaturas socialistas de Ourense permitirán, sen dúbida, gañar as eleccións xerais de abril, para que Pedro Sánchez siga sendo o presidente do goberno, reforzando á nosa provincia nas Cortes Xerais de España, e tamén servirán para impulsar a presenza do PSOE en todas as corporacións locais, presentando ós mellores candidatos e candidatas”, conclúen.

O PSdeG-PSOE ourensán destaca que o proceso “está a desenvolverse con absoluta normalidade e conforme ás normas dos estatutos do PSOE, co fin de acadar candidaturas sólidas, fortes e gañadoras”

Miguel Bautista Carballo entre os candidatos ó Senado do PSdeG-PSOE