martes 19/10/21

O Festival Medieval e a Festa da Vitela de O Bolo deberán esperar

A anulación de festas, a continuación de obras ou a axuda os veciños centran as actividades do concello bolés

El Concello de O Bolo non detén a súa actividade nestes difíciles tempos, realizando diversas obras e tamén anulando eventos.

No apartado de obras estanse facendo diversas actuacións en Chao das Donas, San Pedro e Celeirós melloras incluídas nos Planes Provinciais do pasado ano.

Unha das preocupacións do concello está nas obras nas que o consistorio adelantou o diñeiro: «Nos temos luces Led nas 28 aldeas do concello, e tivemos que adiantar máis de 400.000 euros. Non sabemos cando recibiremos a subvención que nos corresponde. Eses cartos poderiámolos destinar a outras cousas, pero así, hai que esperar».

Por outro lado, as aulas especiales que se ían crear para poñer unha exposición permanente da obra de Yoso están paralizadas. «Tenme que perdoar a familia, pero agora non é o momento. As administracións non collen o teléfono. Está parado pero cando se poda claro que retomamos o tema. Xa temos as aulas preparadas pero hai que dotalas de medidas de seguridade»

Desinfeccións dos diferentes pobos

O concello conta con 28 aldeas, e todas foron desinfectadas, neste caso coa axuda dos tractores dos agricultores e viticultores. O concello deu o desinfectante e os agricultores e viticultores ocupáronse das tarefas.

Axuda aos veciños

Neste concello só tres establecementos permanecen abertos: farmacia, carnicería e supermercado. Estes atenden as peticións daquelas persoas que son grupos de risco e non teñen apoio familiar. «Fan os pedidos de compra semanal e despois, a partir das 18.00 horas, mediante o servizo de taxis ou protección civil, achegaránselles aos seus fogares». Este Concello habilita dous teléfonos para asuntos inaprazables e emerxencias. O 606 017 105 de 9:00 a 17:00 horas e o 686 549 136 de 9.00 a 22:00 horas. Ademais o concello faise cargo do pago do servizo de taxis que leva a compra, axudando aos taxistas para compensar a baixada de ingresos.

Tamén os cativos son axudados polo concello: « Si se lle pode axudar dentro das posibilidades do concello claro que lle vamos axudar no que podamos».

Festas anuladas

O Festival Medieval e a Festa da Vitela quedan aprazadas debido a pandemia mundial provocada polo COVID-19, un dos motivos desta supresión e debido a dificultade a hora de manter a distancia social: «Si se puidese faciámolo, pero onde está o metro e medio o que hai que estar?. Primeiro é a saúde, e despois a saúde e despois a saúde. Si se puidese levar a cabo como o ano pasado claro que si. Na Vitela xa se encargaran algunhas cousas, pero anuláronse. Agora teño que consultar cos concelleiros a ver si se pode facer noutro momento» sinalou Corzo.

O rexidor de O Bolo tamén comentou que en caso de facer algo este ano sería unha comida máis económica, afirmando que nestes momentos débese ter coidado cos gastos.

O Festival Medieval e a Festa da Vitela de O Bolo deberán esperar