
Félix García Yáñez, coñecido no Barco de Valdeorras por ser o portavoz de Riada Cidadá no Concello, é Licenciado en Historia Contemporánea pola Universidade de Barcelona, e autor do libro Caixa Ourense (1933-1999). Sete décadas de aforro popular provincial.
Explica o historiador que «non se pode entender a historia da provincia de Ourense sen referirse á Caixa porque porque a súa existencia foi fundamental na historia da capital ourensana xa que os ingresos dos inmigrantes foron invertidos dentro e fora da provincia, o que incidiu no desarrollo potencial da mesma». Eses ingresos, aportados polos inmigrantes da provincia, aportaron moito á capital da provincia, algo que non se reflictía no ranking do PIB provincial de España. «No ano 59 a provincia de Ourense era a última e un estudio posterior do ano 2010, situábaa no penúltimo lugar provincial. Chamoume a atención que o capital da inmigración non repercutira para sacar á provincia dos últimos lugares do ranking», conta.
Para redactar a obra, García Yáñez acudiu ás actas da fundación da Caixa, pero tamén ao Banco de España, fontes orais, escritos de referencia, etc. o que o levoy a plantarxar un libro que recolle a historia da Caixa dende os comezos, no ano 1933 ata o seu declive e desaparición no 1999. Fala o libro tamén, da obra benéfico-social que fai a Caixa, do persoal que traballou nela, e pasa por tódalas épocas históricas que a viron crecer e morir.
Tras varios anos de intensa documentación e esforzo por coñecer a terminoloxía contable que lle levase á compresión dos datos acadados, Félix García sacaba á luz este ano 2018 o libro que os seus fillos xa lle reclamaban non tivera máis escondido nun caixón.
Trala súa presentación no Barco o pasado mes de setembro, a obra será presentada o próximo 14 de novembro no Liceo de Ourense.
Para escoitar a entrevista completa, faga click no seguinte enlace: