O Consello Regulador ensina Valdeorras na feira de Hong Kong
O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luís García Pando, afirma que formar parte do mercado asiático “é unha labor complicada, pero unha vez que empezas, mantense a relación durante moito tempo”. Esta é a principal lección aprendida trala asistencia á feira Hong Kong International Wine and Spirits Fair, na que tamén estivo presente o director técnico da D.O., Jorge Mazaira.
García Pando explica que un dos obxectivos da D.O. é “estar situada” para que os viños valdeorreses “sexan unha das opcions de compra - venta dentro dese mercado”. E para eso é necesario que “te coñezan primeiro e o cabo de certo tempo, cando xa teñan a túa referencia, podan empezar a funcionar; este mercado non é de chegar e encher”.
Nove bodegas formaron parte do stand do Pabellón de España no que “o factor fundamental ademáis de dar a coñecer os viños da comarca, foi ensinar a comarca en sí”. García Pando explica que a labor principal que fixeron foi “case educativa, de explicar de dónde ves e qué fas” porque “casi non coñecen outras referencias que non sexan de gran volumen internacional como pode ser La Rioja ou Ribeira do Duero”. Pero o certo é que o mercado chino está gañando cada vez máis adeptos posto que “estanse formando moito asistindo a talleres e master class, cada vez están máis enterados de cómo son os viños de todos os lados”, afirma o presidente.
Como primeira incursión no xigante asiático a valoración da visita por parte da D.O. foi positiva porque ademáis de “coñecer cómo funcionan xa que nunca se estivera antes, agora temos moita información recollida para ver qué se pode facer no futuro para estar ahí”.