viernes. 13.06.2025

Comezan as tarefas de limpeza no Castro do Castrillón

Esta medida está destinada para continuar poñendo en valor esta instalación prerromana

Este luns deron comezo as tarefas de desbroce do Castro do Castrillón, situado no Concello de Larouco, que son con cargo a Dirección Xeral de Patrimonio, ademáis tamén se farán 2 catas arqueolóxicas durante os 2 meses que se prevé que duren os traballos.

Os mesmos teñen un orzamento de 14.999,99 euros, e un dos obxectivos principais e a posta en valor do patrimonio do municipio, de feito nas festas na honra a Santa María dos Remedios, José Fernández "Pepe das Pedras", presidente da sección de Arqueoloxía do Instituto Valdeorreses realizou unha visita guiada para os seus veciños.

Parte da visita ao Castro do Castrillón efectuada no pasado mes de setembro

Fai uns meses descubríronse 2 lagares rupestres onde se cree que os romanos comezaban o proceso de viño tras recolectalo nas viñas da zona.

José Fernández "Pepe das Pedras" na esquerda, explicándolle a un veciño de Larouco o funcionamento do lagar. Arquivo

Foto de portada cedida.

Comezan as tarefas de limpeza no Castro do Castrillón