viernes. 29.03.2024
somoscomarca_alumnos_ceipjuliogurriaran_florencio_03_05_2022
O CEIP Julio Gurriarán presenta o seu mural dedicado a Florencio Delgado

Na mañá deste martes, 3 de maio, os alumnos e profesores do CEIP Julio Gurriarán presentaban oficialmente o mural dedicado a Florencio Delgado Gurriarán neste ano que se lle dedica o Día da Letras Galega. Os membros do centro contaron coa presenza do autor da obra, Pedro Álvarez, tamén coñecido como OrdeCaos. 

No mural pódese observar ao poeta contemplando a unha muller coa que se pretende representar a súa terra, xa que nos seus escritos fai referencia a Galicia coa figura feminina. Ademais, ambas as figuras humanas están a cruzar miradas, porque simboliza a chegada de Florencio á súa terra. No lateral dereito atópase escrito o poema Casoiro.

somoscomarca_alumnos_ceipjuliogurriaran_florencio_03_05_2022

No acto, o profesor Crespo e a directora, Maria Luz, deron a benvida ao artista e agradecéronlle pola súa semana de traballo no centro. Pola súa banda, Pedro quixo responder as múltiples preguntas dos alumnos que estaban interesados en coñecer como fora a elaboración do mural. 

somoscomarca_alumnos_ceipjuliogurriaran_florencio_03_05_2022

Tras a intervención do autor da obra, os membros do centro fixeron entrega dun pequeno agasallo ao artista e dous alumnos recitaron o poema Casoiro de Florencio Delgado. O acto finalizou co canto de Aí vén o Maio. 

O CEIP Julio Gurriarán presenta o seu mural dedicado a Florencio Delgado