jueves. 26.06.2025

O CEIP Condesa de Fenosa inicia os tramites para cambiar o nome do centro

Hoxe, xoves 7 de abril, levarase a proposta ao pleno ordinario do mes de abril do Concello do Barco. Para o cambio necesitase o informe favorable do Concello e da Conselleria de Cultura e Educación
Edificio del Ceip Condesa de Fenosa
O CEIP Condesa de Fenosa inicia os tramites para cambiar o nome do centro

O CEIP Condesa de Fenosa iniciou os trámites para cambiar o nome do seu centro. O obxectivo é que o seu nome sexa o do antigo director, Francisco Pérez Lemos, falecido o pasado mes de decembro.

«A idea xurdiu cando faleceu Paco que levaba máis de vinte anos traballando e facendo do colexio practicamente a súa casa e a casa de todos. Foi unha proposta que se realizou tanto desde familias, como amigos e persoal docente», explicaba a directora do centro, Carmela García.  

Desde o centro o que quixeron é «darlle continuidade a esta proposta». Nun primeiro momento levouse a iniciativa ao claustro —onde foi aprobada— e, posteriormente, ao consello escolar, onde tamén foi aprobado.

Hoxe, xoves 7 de abril, levarase a proposta ao pleno ordinario do mes de abril do Concello do Barco. «Necesitan o informe favorable do Concello e da Conselleria de Cultura e Educación», explicaba García.

O CEIP Condesa de Fenosa inicia os tramites para cambiar o nome do centro