sábado. 20.04.2024
A ANPA  do IES Martaguisela organiza o II Concurso de Memes de Valdeorras

 A ANPA do IES Martaguisela convoca o II Concurso de Memes para os alumnos do centro co obxectivo de fomentar a creatividade poñendo en valor a cultura e apoiando o comercio local. A temática deste ano nos podía ser outra que Florencio Delgado Gurriarán e levarase a cabo do 11 ao 31 de marzo.

Todos os participantes serán agasallados pola súa participación, destacando que tanto os gañadores como os finalistas recibiran premios que aportan os establecementos comerciais e de hostalaría. Para o concurso establécense 3 categorías según as idades: 1º e 2º ESO, 3º e 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato

Con esta iniciativa, AEVA , CCA e a ANPA buscan alentar a imaxinación e a participación dos alumnos nestes momentos tan complicados animando e apoiando ó comercio de proximidade.

Ademais, dende a ANPA queren mostrar o seu agradecemento a os socios, ó Concello de O Barco de Valdeorras, AEVA e CCA que doan de xeito voluntario agasallos para todos os participantes.

A ANPA  do IES Martaguisela organiza o II Concurso de Memes de Valdeorras