sábado. 31.05.2025

Anestesia, a parte esencial na Atención Cirúrxica de máis de 1.200 pacientes oncolóxicos

Moitas veces tras un tratamento oncolóxico previo á cirurxía ou vía urxente en ambos casos cun alto nivel de complexidade anestésica

p-somoscomarca-anestesia-2023-10-16
p-somoscomarca-anestesia-2023-10-16

No Día Internacional da Anestesioloxía, conmemorase o avance desta especialidade médica, impulsora da cirurxía moderna, e este ano adícase a lembrar o seu papel nas intervencións oncolóxicas complexas, entre 1.200 e 1.300 ao ano en Ourense, e que requiren dunha abordaxe cada vez máis especializada desde a anestesioloxía.

Un de cada dous homes e unha de cada tres mulleres padecerán algún tipo de cancro. Gran parte deles requerirán pasar por quirófano, nalgunhas ocasións tras un tratamento oncolóxico previo a cirurxía, ou esta pode darse pola vía de urxencia, en ambos casos cun alto nivel de esixencia anestésica.

Neste proceso, os e as profesionais do Servizo de Anestesia e Reanimación son os responsables de detectar potenciais efectos secundarios, derivados tanto da propia enfermidade como dos seus tratamentos, como a radioterapia ou a quimioterapia, que poden xerar toxicidades ou engadir complicacións anestésicas. Por elo, tras avaliar todas as circunstancias deben adaptar a técnica  e os medios anestésicos a cada paciente, decisión cada vez máis complexa.

O especialista en anestesia é un integrante esencial, e pese a elo un dos máis descoñecidos, nos equipos multidisciplinares que atenden ao paciente con cancro. O seu papel abrangue tres etapas básicas: antes da intervención, na consulta preanestésica; durante a operación, e no postoperatorio, onde o paciente quedará directamete ao seu coiddo, ben na unidade de Reanimación ou nas de Recuperación Postanestésica (URPA).

Coidados Precirúrxicos, cirúrxicos e postcirúrxicos

A avaliación preoperatoria é clave para determinar os efectos causados polo tumor e, no seu caso,  do seu tratamento.  Así, de cara á preparación para a cirurxía, poderán aconsellar a mellora dalgúns aspectos da saúde do paciente.

Durante a cirurxía, dependendo do tipo de intervención e o estado físico do paciente, os e as especialistas determinarán as técnicas e medios anestésicos máis axeitados. No postoperatorio moitos pacientes precisarán ingreso en REA, para facer vixilancia intensiva de posibles efectos adversos, alí tamén onde se lles subministrará analxesia adaptada a cada caso, profilaxe de infeccións, trombos ou nauseas e prevención das úlceras por presión.

Na actualidade existen numerosas liñas de investigación orientadas a determinar que tipo de anestesia e que fármacos poderían ser máis beneficiosos para tratar intraoperatoriamente aos pacientes con cancro, con avances continuos que obrigan a unha formación continua ao fin de mellorar a atención aos pacientes e influír de maneira positiva na súa recuperación.

177 anos da primeira intervención con anestesia

A conmemoración do 16 de outubro lembra a data da primeira intervención cirúrxica co uso de anestesia, no Hospital Xeral de Massachusets de Boston, en 1846. A partir de entón, a evolución e avance da anestesia permitíu a evolución da cirurxía de doutras moitas especialidades, como a atención a pacientes críticos, nas unidades de reanimación.

Os e as especialistas en Anestesioloxía e Reanimación da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras participan en máis de 15.000 intervencións cirúrxicas anuais, de elas entre 1.200 e 1.300 oncolóxicas de alta complexidade, en máis do 80% dos partos, aplicando anestesia epidural ou intradural, ademais de ingresar e atender a máis de 600 pacientes críticos, na unidade de Reanimación. Realizan preto de 12.000 consultas, fan posibles -sen dor- todo tipo de probas diagnósticas e procedementos doutros servizos, ademais de plantarlle cara directamente a dor, a través da súa propia unidade, unha das primeiras postas en marcha en España.

Presente nos tres hospitais de Ourense, Verín e Valdeorras, Anestesia é tamén un servizo docente, de longa traxectoria na formación de especialistas vía MIR e tamén oferta formación pregrao.

Anestesia, a parte esencial na Atención Cirúrxica de máis de 1.200 pacientes oncolóxicos