martes. 23.04.2024

O obxetivo de estas tarefas son as de permitir maior visibilidade e evitar posibles incendios forestais no futuro

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, ven de anunciar a realización das tarefas de roza en diferentes estradas de Galicia e tamén de Valdeorras.

Máis concretamente a OU-933 que descorre entre A Rúa e o límite ca provincia de Lugo, na parroquia de Alvaredos (Quiroga), na OU-121 que comunica O Barco e Prada (A Veiga) estas labores xa se iniciaron a semana pasada.

As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil, retirando a súa vez especies pirófilas, que son máis propensas na propagación do lume.

Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas autonómicas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario para evitar o uso destes productos.

Estas tarefas tamén as levan a cabo dende os propios concellos nas estradas de titularidade municipal, sobre todo nos meses de primavera, co fin tamén de evitar posibles incendios forestais e manter limpas as zonas de tránsito.

A Xunta fará tarefas de roza en varias estradas de Valdeorras