
Dende a asociación buscan fomentar a creatividade con memes a través da comarca e con apoio ao comercio local
A Asociación de Nais Pais e Alumnos do IES Martaguisela decidiu convocar o primeiro concurso de "memes" para os alumnos do centro ca fin de fomentar a creatividade poñendo en valor O Barco e a comarca de Valdeorras.
Como temática, os estudantes poderán elexir entre os costumes, as tradicións ou festas entre outras modalidades. O mesmo durará dende o 8 ata o 21 de marzo.
Para os premios establécense 3 categorías en función das idades dos alumnos: 1º e 2º da ESO; 3º E 4º; 1º e 2º de Bacharelato. Ademáis todos os participantes serán agasallados pola súa participación.
Os vencedores e finalistas recibirán premios que aportan os establecementos comerciais e de hostalaría, a Asociación Empresarial de Valdeorras e a propia ANPA.
Dende a asociación explican que nestes tempos tan complicados ven idóneo seguir fomentando a actividade, imaxinación e a participación dos alumnos a través da comarca e apoiando o comercio de proximidade.
Tamén mostran o agradecemento a tódolos socios, o IES Martaguisela, Concello do Barco, AEVA e aos establecementos que doaron os agasallos.