A Festa Zumba celebrada esta tarde nas piscinas de Vilamartín da o pistoletazo de saída as actividades que ten preparadas o concello para este verán. Así no lo contaba Amparo Rodríguez Ferrer , concelleira de educación, cultura e facenda, " cando comeza o verán déixanse de facer actividades deportivas, e aquí non queremos parar. Con esta festa inícianse as actividades e durante xullo e agosto haberá zumba na piscina todos os martes totalmente gratuito para que participe todo o mundo, os do propio concello, veraneantes e dos concellos limítrofes, o que veña que o pase ven facendo exercicio".
No Vilaverán haberá outras actividades coma natación, teatro, excursión ou obradoiros de cociña. Para poder participar nelas, abríuse xa o prazo de inscripción no concello de 10 a 13 horas.
As profesoras Silvia Cuesta e Lucía Hernández congregaron ao redor das piscinas a medip cento de féminas de todas as idades e tamén a numeroso público. Unha tarde fresca na que o baile deixou pegada.