domingo. 28.05.2023
Vilamartín

Vilamartín adianta a celebración do novo ano.

Na  praza Vilamartinesa reuníronse en torno a 80 persoas para celebrar a chegada do novo ano, ó 31 de decembro as 12 da mañá.

A idea partía de Carlos Feás, xa que todos os anos celebraba pola maña cos seus amigos o fin de ano asando uns chourizos e bebendo un grolo. Comentoulle a idea o alcalde, Rique Barreiro,  e a il e a súa corporación pareceulles ben a idea, aínda que lle deron outra forma.

[df-caption title="Pepe Fernández nun dos momentos da explicación" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2016/12/somoscomarca_vilamartin_camiñada_celebración_añonuevo_2016-12-31-2.jpg"]

Organizouse unha camiñada cultural na que Pepe Fernández amosou aos seus veciños as paraxes por onde camiñan a diario, de outro xeito. O percorrido de dous quilómetros comezou no Bañadoiro vendo o mural “Las uvas de la vida”, feito polos artistas arxentinos Carlos Moreyra e Laura Duben e inaugurado o  pasado 8 de outubre. Logo visitaron a colonia de garza real que como suliñou Pepe, “é a única colonia de garza real de todo Galicia. Inda non están non niños, pero fixemos unha pequena explicación  das parellas que crían, das aves que poden saír o final da tempada de eiquí”. O percorrido seguiu ate unha pequena ponte do século XVII, que moitos dos que alí estaban pasaron infinidade de veces por ela e, nin sabían que alí estaba. Pepe explicou que, “foi un proxecto dun mestre canteiro cántabro chamado Juan Bautista de Velasco que non so fixo este proxecto senón outros como o da ponte nova de Sobradelo, da Medua, de Arcos, A Probra, feitas nesa época para o trazado do Camiño Real”.

En torno as doce chegaban os camiñantes a praza José Luis Núñez de Vilamartín para dar conta das uvas, aínda que houbo quen comeu doce gominolas. O remate os Viticultores déronlle o bombo animando a quedada e, fíxose un brinde con godello e mencía da comarca. Tamén se gravou un mannequin  challenge, tan de moda neste tempo.

[df-caption title="Os Viticultores celebrando a chegada do novo ano" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2016/12/somoscomarca_vilamartin_camiñada_celebración_añonuevo_2016-12-31-12.jpg"]

Esta xuntanza tamén foi reivindicativa xa que se recolleron firmas para que se adicase o día das letras Galegas o insigne Florencio Delgado Gurriarán.

Ademais recolléronse 150 quilos de produtos non perecedoiros superándose as expectativas da organización.

Comentarios
Vilamartín adianta a celebración do novo ano.