jueves. 24.07.2025
Vilamartín

O lume volveu queimar fincas en Arcos

O lume volvía a alertar os veciños de Arcos, Vilamartín, en torno as 17:45 do 1 de novembro, esta vez debaixo da vía e preto do río.

As lapas e moxenas espertaban os veciños que aproveitan o fin de semana para acercarse as casetas e galpóns que teñen na zona para  o seu esparcemento. Armados de ramas poñíanse a apagar o lume para que non se achegase os edificios.

Participaron na extinción, os axentes do distrito XIII, a motobomba distes e tamén a do concello de Vilamartín. A proximidade de una nave industrial mobilizou tamén o helicóptero. A estas horas xa está extinguido, según fontes consultadas.

O alcalde do Concello de Vilamartín puña en coñecemento este medio que o luns presentaría una denuncia no cuartel da Garda Civil, xunto con Angel Fouces xefe do Ditrito XIII, para que se investiguen os numerosos incendios que se están a producir nos últimos tempos na comarca, e case que sempre co mesmo modus operandi e a mesma hora.

Pola súa banda Angel Fouces corroboraba o dito por Barreiro, “hemos quedado el lunes y llevaremos un plano de los lugares, fechas y horas a las que se han producido los fuegos, no son de extensión considerable, pero si muy numerosos”, dixo Fouces.

O lume volveu queimar fincas en Arcos